Noia amplía a súa oferta de conciliación para este verán

NOIA> O concello de Noia aumentará este ano os servizos de conciliación para as familias. Ademais do tradicional campamento urbano chegou a un acordo coa ANPA do Colexio de Bergondo para a posta en marcha dun Concilia que cubre tódalas datas non lectivas.

O campamento urbano do concello de Noia desenvolverase entre o 4 de xullo e o 12 de agosto, en tres quendas de dúas semanas cada unha. O horario será de nove e media a dúas e ofrecerase tamén a posibilidade do servizo de Madrugadores e recollida tardía. Para dar cobertura ás familias que non lles sexa suficiente con este período, concello  e a ANPA do Colexio Felipe de Castro chegaron a acordo para organizar outro Campamento de Conciliación.

Desenvolverase nas instalacións do centro educativo dende o 23 de xuño ata o 7 de setembro cubrindo así toda a tempada non lectiva.

Os interesados poden inscribirse a partir de mañá en calquera dos campamentos. Para o do concello deben presentar a solicitude no rexistro mentres que para o de Bergondo poden contactar coa ANPA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí