A Pobra acollerá o I Certame de Bandas de Música

    POBRA> A actividade desenvolverase no auditorio do Lagar os días 19 e 26 de abril e o 2 de maio, e nela tomarán parte, ademais da anfitrioa, as bandas de música Unión Musical de Allariz e a ‘Bellas Artes’ de Cangas. A edil de Cultura, Encarnación González, e o propio alcalde, Isaac Maceiras, foron os encargados de dar a coñecer os pormenores deste primeiro certame de bandas que vai desenvolverse na localidade os días 9 e 26 de abril e o 2 de maio no auditorio do Lagar. A actividade está organizada pola propia Asociación Cultural da Banda de Música da Pobra e o propio concello, e nela prevese as actuacións das bandas de música Unión Musical de Allariz, ‘Bellas Artes’ de Cangas e a anfitrioa, encargada de pechar este ciclo de concertos. O alcalde, Isaac Maceiras, destacou o orgullo que supón para o concello poder dispoñer dunha banda de música, grazas ó esforzo realizado nos últimos anos. Dende o concello fan un chamamento á veciñanza a acudir eses días ata o auditorio do Lagar a presenciar estes concertos que se desenvolverán ás oito da tarde con entrada gratuíta.