280 padexeiros competirán en Vilaxoan por chegar ao Campionato de España de Bateis

VILAGARCÍA> A ría de Arousa acolle esta fin de semana un novo campionato de bateis. Trátase do Campionato Galego desta disciplina, que atraerá ata o porto de Vilaxoan a 21 clubs e preto de 280 deportistas. A organización corre a cargo do Club de Remo Vilaxoan, que hoxe ademais presentou o seu principal patrocinador: Conservas Cuca.

21 clubs e 280 deportistas xogaranse esta fin de semana nas augas da ría de Arousa a Clasificación ao Campionato de España, que se celebrará a fin de semana do 25 e 26 de abril en Meira, Moaña.

O Campionato Galego de Bateis arrancará este sábado ás 17.00 horas do Porto de Vilaxoan coa fase clasificatoria. O domingo, será a gran final.

Da organización encárgase o Club de Remo de Vilaxoán. Agardan que sexa todo un éxito e que o tempo permita ter as condicións óptimas para este deporte.

O Club de Remo de Vilaxoan estivo tamén hoxe de noraboa. Conservas Cuca convértese no seu principal patrocinador, por un período de tres anos.

En sinal de agradecemento, o representante da empresa Garavilla, propietaria da marca Cuca, recolleu da man do Presidente da Federación Galega de Remo unha insignia do club de Vilaxoan.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/16/bateis_vilaxoan.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/16/bateis_vilaxoan.mp4{/flowplayer}