Moreira presenta os quince primeiros postos da súa lista con dez caras novas

PONTEVEDRA> Maioría de caras novas na lista do Partido Popular de Pontevedra para as eleccións do mes de maio. O seu alcaldable deu a coñecer esta mañá os 15 primeiros nomes da candidatura, cun 66% de renovación respecto dos comicios de 2011. Jacobo Moreira está convencido de que todos conseguirán un posto na próxima corporación.

 

Caras novas nos postos 2 e 3, con Aurora Cañizares e Rafael Domínguez. Non é ata o cuarto lugar que atopamos unha cara coñecida: María José Rodríguez Teso, antiga número dous de Telmo Martín. Tamén repiten César Abal, no quinto posto, Ana Isabel Vázquez, de novena, e  Ricardo Aguilar, no número 11. Ademais destes 15 primeiros membros da lista, Moreira confirmou que contará coa actual edil Beatriz García, que pechará a lista como número 22. Sobre os novos nomes, o alcaldable popular rodeouse de persoas con representación no partido e en Novas Xeracións, como a actual secretaria local Seila Varela e o secretario provincial Iago Acuña.