IV Carreira Pedestre de Monte Porreiro

[

PONTEVEDRA> A concelleira de cultura e deporte, do concello de Pontevedra, presentou hoxe a tradicional carreira de Monte Porreiro, organizada pola UNED… unha proba que se engloba dentro do circuíto de  carreiras de Pontevedra. 

 

A cuarta carreira pedestre de Monte Porreiro celebrarase o vindeiro 3 de abril a partir das 12:00 da mañá. Uns 8.000 metros de percorrido que os corredores deberán superar para cruzala meta, sempre e cando as condicións meteorolóxicas o permitan.

Nesta edición máis de cincocentos inscritos participaran nesta proba incluída dentro do circuíto de carreiras de Pontevedra.

Ademais da proba absoluta, na que participarán todos os maiores de 18 anos, os máis pequenos poderán competir dende as 11 da mañá na carreira de “Chupetes”, que rematará antes de que de comezo a proba principal. As inscricións dos adultos xa están pechadas, pero os cativos que desexen participar poderán inscribirse ata o último momento. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/31/ptac_premio_uned.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/03marzo/31/ptac_premio_uned.mp4{/flowplayer}