Rey será o candidato socialista en Caldas ao non aplicarlle o PSdeG o código ético

    CALDAS> Juan Manuel Rey será o candidato do PSdeG en Caldas. Despois de semanas de indecisión, o partido non aplica o Código Ético ao alcalde por entender que a admisión a trámite do recurso de nulidade suspende o procesamento. Rey continúa imputado por un suposto delito de malversación de caudais públicos, pero os socialistas entenden que a liña vermella para a expulsión é a fixación dunha data certa para a celebración do xuízo oral.

     

    Juan Manuel Rey seguirá sendo a cabeza visible dos socialistas en Caldas. O alcalde recibiu a boa nova esta tarde, nun encontro que mantivo en Santiago coa secretaria de Organización do PSdeG. Pilar Cancela trasladoulle que o caso foi estudado con detalle pola Comisión de Garantías, que optou por dar luz verde á súa candidatura despois de que o xulgado aceptara a trámite o recurso de Rey solicitando a nulidade do auto de apertura do xuízo oral. Entende o PSdeG que esta decisión da maxistrada suspende o procesamento.

    Esta mañá, cando aínda non coñecía a decisión do partido, o alcalde caldense negaba presións para abandonar a formación.

    Gañada esta batalla, o alcalde centrará agora os seus esforzos na campaña iniciada para demostrar a súa inocencia. Nela, figura a entrega dunha carta aos veciños explicando a súa situación.

    Na misiva, Juan Manuel Rey inclúe un estrato da súa biografía e unha referencia ao auto da xuíza.

    Rey tamén criticou con dureza á persoa que figura como denunciante: Dolores Ramos, de Independentes de Caldas, e presidenta do comité de empresa de Clesa.

    Na comparecencia, tamén anunciou a intención de presentar a súa candidatura este domingo, independemente das siglas que a encabezaran. Unhas siglas que, finalmente, serán as do PSdeG.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/reunion_alcalde_caldas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/17/reunion_alcalde_caldas.mp4{/flowplayer} 

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí