Martín reclama que o proxecto da PO-308 inclúa unha pasarela na zona de A Revolta

    SANXENXO> E aproveitando a estrea esta fin de semana o Eixo Atlántico de Alta Velocidade, a conselleira de Territorio e Infraestruturas achegouse ó Salnés en tren para manter unhas reunións de traballo cos candidatos populares ás alcaldías de Vilagarcía e Sanxenxo.

     

    Da estación de tren de Vilagarcía, a Conselleira de Infraestruturas desprazouse ata Sanxenxo. Ethel Vázquez manifestou o seu apoio ao candidato popular, que aproveitou a súa visita para facerlle novas peticións para o concello.

    Vázquez puido ver esta carencia sobre o terreo. A Conselleira recoñeceu esta necesidade, e comprometeuse a tela en conta á hora de executar a reforma da PO308 prevista para este ano. Algo que, segundo asegurou, é posible grazas ao entendemento entre administracións.

    Alixeirar o tráfico na rotonda da estación de autobuses construíndo un túnel e a urbanización da avenida Luis Rocafort, tampouco faltaron na conversa entre Martín e Vázquez. O alcaldable popular pediu á conselleira o seu apoio nestes proxectos, que estarán financiados pola Deputación de Pontevedra.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/20/telmo_mati_sanxenxo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/20/telmo_mati_sanxenxo.mp4{/flowplayer}