Os veciños de Ribadumia saen á rúa en defensa dunha sanidade de calidade

RIBADUMIA> Concentración en Ribadumia en defensa da sanidade pública. A pesar da chuvia, máis dun cento de veciños congregáronse ás portas do centro de saúde para esixirlle á Xunta que cubra a praza do médico de cabeceira que está de vacacións. A convocatoria foi impulsada polo Partido Socialista.

A pesar da chuvia, os veciños de Ribadumia saíron á rúa para reivindicar unha atención sanitaria digna. O centro de saúde da localidade leva meses no punto de mira polos recortes do SERGAS. A pinga que rebordou o vaso: o anuncio da Xunta de non cubri-la praza do médico de familia que está de vacacións. Un doutor, por certo, que non volverá pasar consulta porque despois dos seus días de descanso xubilarase. No centro de saúde só traballa agora mesmo un doutor.

A concentración foi impulsada polo PSdeG, que contou co apoio de máis dun cento de veciños. O voceiro dos socialistas na localidade agarda que estas medidas de presión teñan os seus froitos e que a Consellería de Sanidade acabe respondendo ás demandas dos usuarios do ambulatorio.

A situación en Ribadumia tamén é complicada para os nenos e nenas. Ata o momento, no ambulatorio había un pediatra, compartido coa Illa. Agora foi enviado ó Grove, en contra da súa propia vontade.

Apoiando as demandas dos socialistas, varios membros do goberno local, entre eles o alcalde da localidadidade, o independente David Castro.