Duplícanse as vítimas mortais nas estradas pontevedresas no que vai de 2015

PONTEVEDRA> O 2015 non está a traer boas novas en materia de seguridade viaria. Durante o primeiro trimestre, as estradas deixaron o dobre de vítimas mortais que o ano anterior, aínda que a cifra de accidentes mantívose. En concreto, durante o mes de xaneiro foron seis as persoas que deixaron a vida nas estradas pontevedresas.

 

Mantense a accidentalidade pero se duplican o número de vítimas mortais. O primeiro trimestre do 2015 non trae boas novas das estradas pontevedresas.

Sobre o total do ano anterior, o 2014 deixou cifras semellantes ás do 2013, cunha lixeira redución da accidentalidade en vías interurbanas, que deixaron 21 vítimas das 29 rexistradas. 

A saída de vía foi o tipo de accidente que máis vítimas e de maior gravidade provocou no 2014. Tamén as colisións por alcance e frontolaterais. Sobre as causas, a distracción, a velocidade excesiva e non respectar a prioridade de paso, son as máis recorrentes. O consumo de alcohol e drogas ao volante tamén preocupa á DXT, que incrementou o número de controis.

A Comisión Provincial de Seguridade Viaria, na que están representados os gobernos central, autonómico, provincial e local, reuniuse esta mañá para analizar estes datos. A intención é avaliar as causas dos sinistros para deseñar campañas específicas que permitan atallalas. 

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/21/seguridade_viaria_pontevedra.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/21/seguridade_viaria_pontevedra.mp4{/flowplayer}