Lanzan unha campaña de visibilización e concienciación sobre a recollida das ‘cacas’ dos cans en Pontevedra

PONTEVEDRA> O concello de Pontevedra declara a guerra aos propietarios que non recollen os excrementos dos seus cans na rúa. O goberno local quere visibilizar a problemática que xeran estas deposicións nos xardíns, e concienciar da importancia da súa recollida. Fano coa campaña “Bo cidadán canino. Boa cidadá canina”.

Ofensiva do concello de Pontevedra para rematar coa presenza de excrementos caninos nos espazos públicos. As concellerías de Benestar Animal e de Medio Natural lanzan a campaña “Bo cidadán canino, boa cidadá canina”, dirixida a concienciar e informar á cidadanía.

No marco da campaña repartiranse flyers con consellos para pasear ás mascotas e instalaranse carteis e bandeirolas advertindo das sancións ás persoas que non recollan as deposicións. Tamén realizarase unha performance sinalizando os excrementos que se moverá por diferentes espazos da cidade.

Tanto dende a protectora de animais Os Palleiros como dende o club canino Diverti Cans apoian as mensaxes lanzadas por esta campaña. Ter un can é unha responsabilidade e neste tipo de comportamentos incívicos a culpa nunca é do animal.

Dende o concello recordan ademais que non recoller os excrecmentos pode supoñer unha multa de ata 500 euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí