O notario rexistra tres ofertas pola Residencia Valle-Inclán de Vilanova

    VILANOVA> Tres candidatos optan a facerse coas instalacións da Residencia Valle-Inclán de Vilanova. As ofertas xa están en mans dunha notaría de Pontevedra, aínda que haberá que agardar a que se faga pública o acta para coñecer os detalles. Si se sabe a identidade dos candidatos.

    Por unha banda, o Banco Popular, que mantén a hipoteca sobre o inmoble, presentou unha poxa polo valor da débeda que o xeriátrico mantén con el: cinco millóns de euros e 50 mil a maiores. Por outra, a empresa Multizona Multiservicios, que ofreceu un millón cincuenta mil euros, e o particular José Aliste. Nestes dous casos, ambos comprométense a manter a actividade do centro e os postos de traballo. Unha vez reciban o acta do notario, serán o administrador concursal e o xulgado do mercantil os que decidan quen será o adxudicatario. Sobre a oferta do banco, tamén deberán decidir os dereitos que tería sobre a débeda hipotecaria, que podería supor a conmuta dos cinco millóns de euros, deixando só o pago dos 50 mil a maiores.