A patronal valora as axudas ao autoemprego pero pide máis para as empresas

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/22/impulso_empresas.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/22/impulso_empresas.mp4{/flowplayer}

     

    PONTEVEDRA> Reunión de empresarios en Pontevedra. Noventa persoas participaron este mediodía nun xantar para inaugurar o Foro Empresa Pontevedra, que busca aliñar a clase empresarial e asociacional pontevedresa para dar resposta ás súas necesidades. O ente tivo como padriño ao presidente da Xunta, que falou da saída da crise que está a vivir a economía galega. Entre os asistentes, notouse menos optimismo, e pediron máis axudas para as empresas e emprendedores.

    Xa o dixera o presidente da patronal española, Joan Rosell: non pode haber empresas sen emprendedores. O goberno central aprobará este venres un novo proxecto de lei para fomentar o traballo autónomo, con medidas dirixidas a incentivar o autoemprego. Unha opción que, ademais, axudará a diminuír as cifras de paro.

    O proxecto contempla, por exemplo, que os parados poidan darse de alta como autónomos sen perder a prestación. Poderán capitalizar o paro, seguir cobrándoo ou gardalo durante cinco anos. Para os que xa son empresarios, as medidas van no bo camiño, pero son insuficientes.

    Ven con bos ollos o fomento do emprendemento, pero tamén reclaman máis medidas para axudar ás empresas xa establecidas.

    Eles e 86 empresarios pontevedreses máis asistiron hoxe á inauguración do Foro Empresa Pontevedra, que busca propiciar un entorno favorable ás empresas. No seu nacemento contou cun padriño de excepción: o presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo deu a versión optimista da situación.

    Como el mesmo recoñeceu, nunha xuntanza con empresarios en Pontevedra non se podía deixar de lado a cuestión máis recorrente na cidade: a continuidade de ENCE na ría. 

    Feijóo pediu ás empresas que sigan apostando pola innovación, a internacionalización e a competitividade como claves para o crecemento.

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí