BOIRO> O BNG de Boiro solicita ó executivo a posta en marcha de políticas de emprego xuvenil para acabar cos altos índices de paro entre a mocidade. Ademais dun plan de emprego municipal solicitan a colaboración doutras administracións para incentivar a contratación e o emprendemento e reducir os altos índices de emigración. A radiografía do noso país en termos de desemprego xuvenil arroxa datos moi desalentadores sobre o futuro da mocidade. Estas datos son extrapolables á comarca do Barbanza onde tres mil cincocentos mozos víronse obrigados a emigrar dende o ano 2008. Para paliar esta tendencia negativa, os nacionalistas propoñen mediante moción plenaria a adopción de medidas para incentivar o emprego xuvenil. Instan ó executivo a elaborar un plan específico de emprego para mozos en colaboración con outras administracións. Inciden ademais na necesidade de poñer a disposición dos emprendedores as instalacións necesarias para botar a andar os seus proxectos polo que solicitan novamente a posta en marcha do viveiro de empresas.
Inicio Barbanza - Muros - Noia