Un cento de rianxeiros percorren o camiño ‘A Orixe’ en seis etapas

RIANXO> Continúa a peregrinación xacobea organizada pola concellería de Deportes de Rianxo. Este sábado, un grupo de 105 persoas percorreu a cuarta etapa do Camiño ‘A Orixe’ entre Abanqueiro e Rianxo.

A iniciativa impulsada pola concellería de Deportes de Rianxo levou a un grupo de 105 veciños a realizar o camiño Xacobeo ‘A Orixe’. Tras completar as tres primeiras etapas, Corrubedo-Aguiño, Aguiño-Pobra e Pobra- Abanqueiro, este sábado percorrían a cuarta ata o municipio rianxeiro.

Trátase dun grupo moi numeroso e heteroxéneo polo que o tempo para cubrir as etapas adáptase ó ritmo individual de cada un cunha media de entre seis e sete horas.

O éxito da proposta foi tal que ata o momento se cubriron as prazas dispoñibles. Aínda así, os interesados en participar nalgunha das etapas restantes poden contactar co departamento de deportes, que dirixe o concelleiro Xurxo Ordóñez, e pasarían a formar parte dunha lista de agrada no caso de haber algunha vacante.

O prezo da inscrición por etapa é de oito euros . As próximas datas será o 4 de xuño entre Rianxo e Padrón e o día 11 entre Padrón e Santiago onde finalizará a peregrinación.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí