A Deputación dá 102.000 euros a Cambados para un parque infantil en Adro-Castelo

    CAMBADOS> A Deputación ven de aprobar varias achegas a concellos da comarca. En xunta de goberno, o organismo provincial acordou conceder máis de 102 mil euros a Cambados para a construción dun parque infantil en Adro-Castelo.

    A zona estará dotada de balancíns, resortes e diferentes conxuntos de xogos. Ademais, construirase unha base de formigón que se recubrirá con caucho. As obras teñen un prazo de execución de dous meses, e irán con cargo ao Plan Provincial de Obras e servizos 2015. Deste plan tamén se beneficiarán o concello de Poio, que recibirá 81 mil euros para mellorar as infraestruturas de saneamento en Boa Vista e Combarro, e O Grove, que con 100 mil euros mellorará a accesibilidade en Beiramar. Por outra banda, o pleno da Deputación tamén aprobou hoxe tres investimentos na cidade de Pontevedra; un total de 720 mil euros para arranxar unha ponte, mellorar dúas estradas e adquirir fondos para o museo.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí