PONTEVEDRA> Pontevedra busca voluntariado para o Mundial de Tríatlon Multisport. O campionato celebrarase na cidade do 20 ao 29 de xuño. Para dar resposta a todas as necesidades, a organización fai un chamamento á veciñanza a que forme parte do equipo de voluntariado. Con esta campaña agardan chegar axiña ás 350 persoas anotadas. A elas hai que sumar tamén a colaboración da Brilat, Protección Civil, Garda Civil de Tráfico e Policía Local. Todo para que evento deportivo máis importante deste ano na cidade sexa un éxito.
Comeza a conta atrás para a cita deportiva máis importante que a cidade de Pontevedra vai acoller neste 2025. Trátase do Campionato do Mundo de Tríatlon Multideporte que se vai celebrar entre o 20 e 29 do mes de xuño. Para atender todas as necesidades deste gran evento, esta mañá fíxose un chamamento á veciñanza a que participe como voluntariado. Unha peza fundamental, explicaron, para que todo transcorra á perfección.
Dende a Oficina de Voluntariado de Pontevedra cifraron en 1.500 as colaboracións necesarias, con picos diarios de 500 servizos. O seu responsable comentou que a campaña estaba xa iniciada, cun cento de persoas anotadas, pero con este chamamento agardan chegar ás 350.
E sobre as tarefas deste voluntariado…
Tamén se van implicar na loxística deste evento a Garda Civil de Tráfico e a Policía Local. Tamén buscará voluntariado entre os seus a Brilat, condicionada desta volta polo seu desprazamento a Eslovaquia, e Protección Civil.
O alcalde aproveitou para lembrar que este evento deportivo será só a antesala do que está por chegar o ano que vén, coa gran final das Series Mundiais.
As persoas interesadas poden inscribirse a través do correo oficinadevoluntariado@gmail.com.







