A Xunta Electoral ábrelle un expediente sancionador a Manuel Ruíz

RIBEIRA> A Xunta Electoral de Zona vén de abrir un expediente sancionador contra o alcalde de Ribeira, Manuel Ruíz, e a edil de Educación, Mari Carmen Vizcaya, despois da denuncia formulada polo Bloque Nacionalista Galego a raíz da apertura da Feira da Educación. Os nacionalistas consideran que o dito acto foi unha inauguración encuberta do mercado municipal en plena época electoral, o que vén a significar, segundo eles, unha clara vulneración da lei. Dende o BNG afírmase que o concello tiña intención non só de realizar a apertura da dita instalación para albergar a feira, senón tamén para que os propios veciños tiveran ocasión de poder acceder ó novo mercado e coñecer de primeira man a futura praza de abastos. Ademais do correspondente expediente sancionador, dende a Xunta Electoral de Zona requíreselle, tanto ó rexedor como á edil, de realizar calquera manifestación relativa as ditas instalacións e se absteñan de participar, de xeito algún e con carácter público, na dita feira que se desenvolverá ata o próximo domingo.