A UNED imparte un curso para coñecer as especies máis comúns do noso ecosistema

PONTEVEDRA> A UNED de Pontevedra acollerá do once ó vinte e dous de maio un curso de introdución á botánica. Está dirixido a estudantes de ciencias ambientais, bioloxía, química e persoas interesadas na materia. Impartiranse os luns polas tardes. A matrícula xa está aberta, pode formalizarse a través da web da UNED e custa corenta euros.