A estación intermodal e o Gran Montecelo, os principais compromisos da Xunta con Pontevedra

PONTEVEDRA> Alfonso Rueda falou tamén esta mañá dos proxectos que a Xunta de Galicia ten previsto levar a cabo en Pontevedra. Entre eles, a estación intermodal, o Gran Montecelo e a ampliación da depuradora dos Praceres. En canto á Variante de Alba, o vicepresidente asegurou que a pelota está no tellado do Concello.

O vicepresidente da Xunta aproveitou o almorzo informativo para facer un repaso das obras que a administración autonómica levará a cabo en Pontevedra. A principal, a estación intermodal.Un proxecto que estará rematado a finais de 2020 e que suporá un investimento de 6 millóns de euros.

O Gran Montecelo será outro dos proxectos principais da Xunta de Galicia. Segundo informou esta mañá Alfonso Rueda, estas obras comezarán no segundo semestre de 2020.

E fronte aos proxectos que parecen xa encarrilados está a Variante de Alba. Alfonso Rueda asegurou esta mañá que a Xunta non vai a executar un trazado co que non estean de acordo os veciños.

Unhas protestas veciñais, as de Campañó que, segundo o vicepresidente, non son comparables ás dos Praceres. Xa que a ampliación da EDAR segue en marcha.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí