A Asociación Xoán XXIII celebra os seus 50 anos cun flashmob na Ferraría

Pontevedra>  A asociación Xoán XXIII cumpre 50 anos de historia. Medio século de vivencias con persoas con discapacidade intelectual. Para conmemorar esta data teñen organizados diversos actos ao longo deste 2018, o primeiro tivo lugar esta mañá cun flashmob na praza da Ferraría.

A praza da Ferraría encheuse de alegría e sorrisos para celebrar os 50 anos de historia da Asociación Xoán XXIII. Unha entidade que leva medio século de intenso traballo con persoas con discapacidade.

Dende esta asociación celebrarán este aniversario con diversos actos ao longo deste ano.

O obxectivo de iniciativas como as de hoxe, están claro, visualizar a discapacidade.

Dende o concello tamén lembraron que levan moitos anos traballando e aprendendo moito desta Asociaicón Xoan XXIII e que neste ano, como non podía ser doutro xeito, tamén estarán ao seu carón mes a mes.

Para este flashmob realizado pola asociación tamén contaron coa colaboración do colexio de Campolongo, do Sek, do instituto Sánchez Cantón, do Teucro e do Ximnasio Serviocio de Campolongo. Os voluntarios amasáronse encantados de colaborar con esta iniciativa.

Un flashmob que saíu moi ben, os participantes e usuarios da asociación Xoan XXIII estaban moi contentos co resultado final.

Unha mañá diferente e divertida a que puidemos compartir hoxe cos membros e familiares desta asociaicón, parabén por eses 50 anos e a seguir festexando moitos máis coa mesma enerxía e bo facer.