Besteiro arroupa a José Manuel Vilas na presentación da súa candidatura

    RIBEIRA> O secretario xeral dos socialistas galegos sumouse tamén á campaña no Barbanza arroupando ó candidato de Ribeira, Manuel Vilas, na súa presentación. Esta fin de semana tamén se presentaba a candidatura do PSOE rianxeiro, encabezada por Mari Carme Figueira. José Manuel Vilas deu a coñecer os nomes que integrarán a candidatura dos socialistas en Ribeira. Destaca a fonda renovación nos primeiros postos da lista con novas fichaxes como Almudena Basoco, número dous ou Rita Rial, número catro. Ás caras novas súmanse xa coñecidos militantes socialistas como o Manolo García, un dos cofundadores do partido en Ribeira que acompaña a Vilas na segunda posición ou o ex candidato e actual voceiro, Andrés Fariña, no número trece. Con este equipo dinámico e comprometido, os socialistas aspiran a acadar responsabilidades de goberno comprometéndose a promover os servizos públicos e a transparencia cara os cidadáns. Xosé Ramón Gómez Besteiro quixo acompañar a Vilas na presentación dunha candidatura que liderará o cambio necesario para Ribeira polo que animou á cidadanía a implicarse na campaña electoral. Pola súa banda, o secretario provincial do partido, Julio Sacristán, acompañou á candidata do PSOE rianxeiro, Mari Carme Figueira, que presentou unha lista caracterizada pola presenza de independentes nos primeiros postos. É o caso de Francisco Javier García, Beatriz Lafuente. María Demelsa Iglesias y Martín Comojo, que ocupan do segundo ó quinto posto. Ata dez dos dezasete suplentes que integran a candidatura non militan baixo as siglas socialistas.