Esgotados os bonos da primeira fase de ‘Ama Ribeira’ en tan só 12 horas

RIBEIRA> O executivo ribeirense valora moi positivamente o éxito da primeira fase da campaña Amaribeira de apoio al comercio local. Segundo informaron fontes do propio Concello, en doce horas esgotáronse os 500 cupóns de desconto de trinta euros para realizar compras nos negocios que formen parte da plataforma de venda ‘Ribeira Store.

En menos de doce horas xa se esgotaron os 500 cupóns de desconto de 30 euros lanzados polo Concello a pasada medianoite con motivo do inicio da primeira fase da campaña Amaribeira, de apoio ó comercio local. Para utilizar estes cupóns, de uso exclusivo na plataforma de venda Ribeira Store, hai de prazo ata o vindeiro domingo á medianoite, salvo que se esgote o saldo con antelación.

Os descontos serán de 10 € por cada 30 € de compra, ata un máximo de 30 de desconto por persoa usuaria, de maneira que o Concello subvencionará preto do 34% de cada compra.

O programa de Cupóns de Desconto Amaribeira 2022 é unha iniciativa do Concello que ten por obxectivo fortalecer o sector comercial do municipio. A partir de decembro está previsto poñer en marcha a segunda fase da campaña, xa con bonos QR a empregar en establecementos físicos. A campaña conta cun orzamento duns 300 mil euros, unha cantidade que irá con cargo ó remanente de tesourería.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí