Condena para o propietario da orquestra  París de Noia por cinco delitos fiscais

NOIA> O Xulgado do Penal Número 1 da Coruña considera probado que eludíu o pago de impostos entre os anos 2010 e 2012.

O empresario Miguel Ángel García Souto, que figuraba coma propietario da orquestra París de Noia dende o ano 1999, vén de ser condenado polo Xulgado do Penal número 1 da Coruña por delito fiscal. En concreto, por dous delitos contra a Facenda Pública relativos ó IVE, respecto dos exercicios dos anos 2011 e 2012, e tres delitos contra a Facenda Pública polo IRPF dos anos 2010 ó 2012. Por cada un dos cinco delitos, condénaselle á pena de prisión dun ano e seis meses e á de inhabilitación especial para o dereito de sufraxio pasivo polo mesmo tempo e ó pago dunha multa que ascende aos 360 mil euros. Na sentenza crese probada que a actividade da orquestra radicada en Noia desenvolvíase no ámbito dunha organización empresarial e baixo a titularidade do condenado, que é quen dirixía a dita actividade, ostentando a propiedade encuberta dos medios de producción. Segundo o Tribunal Miguel Ángel García Souto para eludir o pago dos tributos, empregaba a multitude de sociedades integradas no Grupo Lito concedéndolle a representación exclusiva da orquestra París de Noia a cambio dunha comisión do 10% dos ingresos obtidos. Contra o fallo, de primeira instancia, cabe recurso.