![]()
MEAÑO> Os representantes da Consellería de Educación e o concello de Meaño asinaron, este xoves, un acordo para construír un novo comedor CEIP Coirón-Dena. Unhas obras que poidan estar rematadas antes do comezo do curso escolar 2017/2018.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e a alcaldesa de Meaño, Lourdes Ucha, asinaron un acordo, no que o ente autonómico se compromete a planificar a construcción dun novo espazo no CEIP Coirón-Dena no que emprazar o comedor escolar.
Unha actuación que permitirá ampliar as instalacións existentes. Ademais o obxectivo deste acordo pasa por comezar cos traballos o vindeiro ano, coa intención de que poidan estar listos o inicio do curso escolar 2017/2018
Neste encontro entre Educación e o Concello, tamén se sinalou que para o vindeiro curso 2016/2017, o concello asumirá a xestión e organización do comedor escolar, mentres que a Xunta de Galicia, achegará o financiamento.
{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/18/educacion_coles_meano_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/08agosto/18/educacion_coles_meano.mp4{/flowplayer}








