Bimbo denuncia a ‘Tenda Galega Bembó’ por beneficiarse da súa marca

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/29/litixio_bembo.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/29/litixio_bembo.mp4{/flowplayer}

     

    VILAGARCÍA> Un pequeno establecemento de Vilagarcía enfróntase a Bimbo polo seu nome. A multinacional oponse ao rexistro do nome Tenda Galega Bembó na Oficina Española de Patentes e Marcas. Acusa a Vanesa Feixó, propietaria do comercio, de querer beneficiarse da súa marca.

    A semellanza entre as palabras Bembó e Bimbo non é máis que unha coincidencia ortográfica. Pero suficiente para que a multinacional poña trabas ao seu rexistro na Oficina Española de Patentes.

    O nome ven do xogo de palabras con Ben e Bó, que esta emprendedora vilagarciá quixo usar para bautizar a súa pequena tenda. Abriuna en outubro de 2014 cando decidiu, como moitos, optar polo autoemprego.

    A día de hoxe non recibiu resposta do bufete. Si da Oficina Española de Patentes, que a informou de que o rexistro da súa marca quedaba en suspenso pola oposición de Bimbo. A multinacional acúsaa de querer beneficiarse da súa marca.

    O día 7 remata o prazo para a presentación de alegacións, polo que agardan que o pronunciamento final non se faga esperar. Aínda lles queda a esperanza de que lles sexa favorable, xa que non están seguros de poder afrontar o custo que suporían todos os cambios.

    Vanesa decidiu recorrer ás redes sociais. Ademais de facer a todos os seus seguidores partícipes do seu problema con Bimbo, tamén ven de pór en marcha un concurso para rebautizar o seu negocio: unha pequena tenda de produtos artesáns en Vilagarcía.

     

     

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí