Abal presenta ó PSOE como a ‘única alternativa’ á ‘política de parches do PP’

    CAMBADOS> Baño de masas o que se dou onte a candidata socialista á alcaldía de Cambados. Preto de duascentas persoas estiveron arroupando a Fátima Abal na presentación da súa candidatura. Entre elas, o secretario federal de Acción Política do PSOE, o ex lehendakari Patxi López, e os secretarios de Organización en Galicia e Pontevedra, Xosé Ramón Gómez Besteiro e Santos Héctor. Fátima Abal reclamou na súa intervención que é posible ‘outro Cambados’, pero a ‘única alternativa’ para acadalo ‘é a do PSOE’. Tras repasar as ‘promesas incumpridas’ do PP no municipio, entre as que citou a praza de Abastos, o PXOM, ou a remodelación do cuartel da Garda Civil, Abal pediu o apoio dos veciños o próximo 24 de maio para acabar co que definiu como ‘política de parches’ do Partido Popular. O ex lehendakari Patxi Vázquez tamén se dirixiu ós cambadeses para que inicien unha ‘marcha pola dignidade’ que converta a Fátima Abal na primeira alcaldesa da localidades en 28 anos de goberno popular.