CAMBADOS> Justin Quiles e Zahara serán os pratos fortes das festas do albariño. O festexo recupera o seu formato tradicional e terá lugar dende o martes 2 de agosto ao domingo 6. No evento non faltarán os stands do viño, a cata concurso e as verbenas e actuacións musicais por todo o centro da vila.
As festas do albariño están á volta da esquina e o concello e o consello regulador presentaron os diferentes eventos que se celebrarán na vila entre o martes 2 de agosto e o domingo 6. A programación musical inclúe grandes concertos como Justin Quiles e Zahara así como verbenas e discotecas móbiles en diferentes puntos da vila.
As actuacións musicais rematarán como máximo ás 3 da mañá. Un horario que permita que a xente descanse e favorecer que a festa continúe nos locais de ocio nocturno.
En carto á parte enolóxica. As casetas volverán abrir de mércores a domingo no Paseo da Calzada.
Dentro da parte enóloga tamén terá lugar a cata concurso, coas fases previas mércores e xoves e a cata derradeira o venres, e o túnel do viño, no que participarán máis de 50 adegas con 151 viños.
O concello ten preparado un amplo dispositivo para garantir a seguridade durante os festexos. A garda civil e a policía local verán reforzados os seus equipos. Ademais o goberno local contratou ambulancias e solicitou ao Sergas que amplíe o persoal médico.











