Fole nega despedimentos no concello e acusa aos sindicatos de rencores persoais

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/25/despidos_concello_vilagarcia.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/11novembro/25/despidos_concello_vilagarcia.mp4{/flowplayer} 

 

VILAGARCÍA> Os postos dos traballadores do departamento de comunicación do concello de Vilagarcía non corren perigo. Cando menos, iso ven de afirmar o alcalde. Tomás Fole compareceu esta maña para, asegurou, tranquilizar e aclarar titulares.

Que non hai dúbidas sobre a continuidade dos tres postos de traballo. Así llo trasladou esta mañá Fole aos empregados do departamento de comunicación. Asegura que a notificación foi malinterpretada.

O que si recoñece é que se está a valorar a posibilidade de externalizar o servizo. Iso si, de xeito temporal.

Tanto Fole como Llovo insistiron en que oito informes sobre a ubicación actual do departamento de comunicación non detectaron ningún risco para a saúde dos traballadores. Aínda así, anunciaron que en breves serán trasladados a un novo espazo, e acusan aos delegados sindicais de que a situación, dixeron, se desmadrara.

Dende a oposición, a situación vese de xeito diferente. Para Tania García, este é un exemplo máis da política en materia de persoal que está a desenvolver o goberno de Tomás Fole.

Segundo García, este comportamento explica a postura tomada polo alcalde noutros conflitos laborais de Vilagarcía, como o de Cuca ou o actual de Lantero. A voceira socialista comparou a actitude de Fole coa dun empresario déspota.