Patxi López e Gómez Besteiro arroupan á candidata rianxeira

    RIANXO> Os dous fixeron alusión ó traballo realizado ó longo destes anos á fronte da alcaldía polos gobernos socialistas, razón máis que suficiente para que os veciños volvan a confiar na formación do puño e da rosa o vindeiro 24 de maio. Acompañando á candidata, Mari Carmen Figueira, e a práctica totalidade dos membros da candidatura, o secretario xeral do PSdeG-PSOE, Xosé Ramón Gómez Besteiro, xunto co exlendakari vasco, Patxi Váquez, na actualidade secretario de Acción Política e Cidadanía do PSOE, fixeron un percorrido polas rúas da localidade, con paradas incluídas no Paseo da Ribeira nos bustos de tres persoeiros ilustres da nosa cultura, como é o caso de Rosalía de Castro, Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, onde depositaron en cada un deles unha rosa vermella. O acto tiña como principal finalidade arroupar a Mari Carmen Figueira no seu camiño de recuperar a alcaldía da vila. Tanto Gómez Besteiro como o propio Patxi Vázquez lembraron a xestión realizada polos anteriores gobernos socialistas á fronte do concello, un bo traballo que agardar poder seguir desenvolvendo a partir do vindeiro 24 de maio. Durante o acto tamén se tiveron palabras de lembranza para Carlos Gey, tenente de alcalde e voceiro municipal do partido nesta última lexislatura, recentemente falecido.