Satisfacción na Xunta trala desestimación do recurso contra o Plan de Explotación Marisqueira

GALICIA> A Conselleira do Mar valorou moi positivamente a sentenza do TSXG que desestima o recurso do estado contra o Plan de Explotación Marisqueira. Este fallo ratifica o cumprimento estrito da lei por parte da Xunta no que respecta ó sistema de aprobación dos plans de explotacións vixente dende hai máis de tres décadas.

Satisfacción no seo do goberno galego ante a sentenza emitida polo TSXG o 16 de marzo que desestima o recurso presentado polo Ministerio de Transición Ecolóxica en contra do Plan Xeral de Explotación Marisqueira aprobado pola Xunta para o trienio 2021-2023.

Segundo Rosa Quintana, o fallo do tribunal vén ratificar o escrupuloso cumprimento da lei por parte da Xunta no sistema de aprobación dos plans de explotación que leva funcionando máis de 30 anos.

Animou ós deputados de tódolos grupos que integran o Parlamento a pedir ó goberno central que non presente o recurso de casación co que tan só dilataría aínda máis un procedemento que supuxo un ataque arbitrario e inxusto contra o sector marisqueiro de Galicia.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí