Desartellado un punto de venda de droga en Ribeira

    RIBEIRA> A denominada ‘Operación Rosiña’ levada a cabo por axentes da comisaría ribeirense permitiu a detención de dúas persoas. A investigación realizada polos axentes da comisaría ribeirense no marco da denominada ‘Operación Rosiña’ posibilitou a desarticulación deste punto negro de venda de estupefacientes na zona de Abesadas. Supuxo ademais a detención dunha parella sentimental de 36 e 44 anos de idade, os dous veciños da localidade, ós que no momento da detención se lle interviron unhas quince papelinas de heroína e doce de cocaína. Nun posterior rexistro realizado no seu domicilio localizáronse tamén diversos obxectos de manipulación de droga, varios teléfonos móbiles e uns trinta mil euros en efectivo, así como tamén máis substancias estupefacientes: 57 gramos de heroína, catorce gramos de cocaína e 207 pastillas de metadona. Os dous detidos, que xa pasaron a disposición xudicial, cónstanlle detencións anteriores por tráfico de estupefacientes.