Falece un home por atropelo na Pobra

POBRA> Preto da medianoite producíase o fatal accidente na estrada AC-305 entre Boiro e A Pobra á altura da Angustia.

Un turismo que circulaba pola vía non foi capaz de esquivar á vítima que se atopaba tendida na calzada. trátase dun home duns 50 anos.

Era veciño de Escarabote, no concello de Boiro, e, ó parecer, adoitaba facer o traxecto a pé entre dous municipios.

Dado que tiña problemas coas drogas, a Garda Civil sospeita que puido sufrir unha indisposición que lle levou a deitarse sobre a calzada.

A pesar do amplo dispositivo despregado, con presenza da Garda Civil, Policía Local e persoal sanitario de emerxencias, tan só se puido certificar a súa morte.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí