Avanza a bo ritmo a ambiciosa reforma da praza de abastos de Noia

NOIA> A remodelación da praza de abastos de Noia vai tomando forma. Tras concluír o acondicionamento da fachada principal, os traballos exterior céntranse agora nun dos laterais do inmoble. Paralelamente, estase a traballar na reforma interior en coordinación co traballo dos praceiros para causarlle as menores molestias posibles.

Xa se procedeu ó saneamento, pintado e instalación de canalóns de recollida de poluviais na fachada principal polo que os traballos no exterior da praza de abastos céntranse agora nun dos laterais do edificio.

De xeito paralelo estase a avanzar na reforma do interior, unha actuación máis complexa posto que se realiza mantendo a actividade habitual da praza co obxectivo de interferir o menos posible no traballo dos praceiros. A este respecto, o alcalde quixo agradecer a comprensión dos traballadores que se verán compensados, unha vez finalicen as obras, cun espazo moito máis moderno e dinámico.

O proxecto, que estará concluído a principios do próximo ano, supón un investimento de máis dun millón de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí