O PP da Pobra aposta pola riqueza natural do municipio como motor turístico

    POBRA> O Partido Popular da Pobra do Caramiñal ten no turismo un dos seus principais piares. Por esta razón teñen previsto incluír no seu programa de goberno ás vindeiras eleccións municipais diversas actuacións encamiñadas a potenciar aínda máis a súa importante riqueza natural. O candidato popular á alcaldía da Pobra do Caramiñal, Manuel Durán, acompañado do presidente do partido a nivel local, Isaac Maceiras, deu a coñecer algunha das actuacións en canto a materia turística que incluirá no seu programa de goberno, e que pretende desenvolver se accede a alcaldía a partir do vindeiro 24 de maio. Segundo el o turismo debe ser un dos motores económicos do concello.