A elite do xadrez darase cita no I Campionato Internacional Vila de Noia

    NOIA> A vila noiesa acollerá este primeiro de maio o primeiro Torneo Internacional de Xadrez Vila de Noia. A competición, que será valedeira para o décimo Circuíto Galego de Promoción 2015, desenvolverase no pavillón Rosalía de Castro a partir das dez e media da mañá. Baixo a organización da Escola de Xadrez Brétema, en colaboración coa Federación Galega de Xadrez e o propio concello noiés coincidindo coa festividade do primeiro de maio vai desenvolverse na vila o primeiro Torneo Internacional de Xadrez Vila de Noia. A competición, valedeira para o décimo Circuíto Galego de Promoción 2015, está aberta a tódalas categorías, dende a absoluta a promesas, pasando por benxamíns, alevíns e infantís. O torneo desenvolverase a partir das dez e media da mañá no pavillón Rosalía de castro. A entrega de premios está prevista para as oito da tarde. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/30/torneointernacionalxadreznoia3004151.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/04abril/30/torneointernacionalxadreznoia300415.mp4{/flowplayer}