A Xunta promove axudas para a conservación de espazos naturais por valor de cinco millóns de euros

RIBEIRA> A Conselleira de Medio Ambiente visitou algunhas das actuación acometidas no lugar de Casalnovo, en Ribeira, no marco do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia. Ánxeles Vázquez anunciou a nova convocatoria de axudas para a conservación de espazos naturais que abre o próximo doce de febreiro.

A Xunta de Galicia segue a apostar por revalorizar o patrimonio natural a través dunha xestión sostible do rural. Isto é precisamente o que buscan as axudas de conservación nos espazos naturais que habilitará o goberno ó longo deste ano cun importe global de 5,3 millóns de euros.

A Conselleira efectuou o anuncio desta convocatoria nunha visita ó lugar de Casalnovo, enmarcado no parque natural de Corrubedo. Alí puido comporbar as mellorar acometidas nos peches e cubertas de varias vivendas grazas ás axudas cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural.

Tan só nas últimas dúas convocatorias beneficiáronse destas axudas concellos, empresas e particulares titulares de terreos forestais e agrícolas por importe total dun millóns de euros.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí