Rianxo pospón a saída de SOGAMA ata despois das eleccións

    RIANXO> O executivo rianxeiro xa ten o visto bo da mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza para a súa integración nesta entidade. Aínda así o cambio ó novo modelo de xestión do lixo non se fará efectivo ata despois das eleccións municipais. Será o novo goberno saínte do 24 de maio o que deberá tomar a decisión final. Dende hai tempo o executivo rianxeiro viña xestionando a súa incorporación á mancomunidade de Municipios Serra do Barbanza e abandonar SOGAMA. O proceso, por distintas razóns, foise ralentizando no tempo. Hai varias semanas o concello recibía o ok do ente supramunicipal, polo que o cambio podería facerse de inmediato. Aínda así e observado os posibles custes iniciais da incorporación ó novo modelo de xestión do lixo, especialmente pola necesidade de acometer a compra de novos contedores, sumado a escasos días de iniciarse a campaña electoral, o executivo local decidiu agardar, e que sexa o futuro equipo de goberno saínte dos comicios do 24 de maio o que formalice o cambio.