O concello de Rianxo mellora a rede de abastecemento de auga en Outeiro

RIANXO> Pouco a pouco o Concello vai avanzando cara a mellora de servizos nas zonas máis rurais do municipio. Neste sentido hai unhas semanas remataban as obras de instalación das novas tubaxes da rede municipal de abastecemento de auga no lugar do Outeiro na parroquia de Taragoña.

A actuación, que foi acometida con cargo ó POS da Deputación da Coruña do ano 2019, contou cun orzamento duns 70 mil euros. Grazas a ela darase servizo a unhas trinta vivendas aproximadamente.

Segundo o rexedor hai previsto levar a cabo tamén outros proxectos para levar a traída de auga municipal ós núcleos de Fachán e Corques.

Esta actuación que se realizará con cargo ó POS de 2021 súmase a outros proxectos de mellora do abastecemento, que se levan tamén en cooperación cos propios veciños como é o caso da realizada en Cuvide.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí