Unha das probas das Series Mundiais de Raids de Aventura sairá dende Cuntis

CUNTIS> As Series Mundiais de Raids de Aventura escollen Cuntis como punto de partida da competición. A cita xa foi bautizada como Raid Gallaecia Expedition Race, que arrancará na vila termal o vindeiro domingo 10 de maio camiño de Santiago, a onde chegará sete días despois. A proba reunirá a 23 equipos de 12 nacionalidades diferentes.

 

Das nove probas das series mundiais de Raids de Aventuras, unha partirá de Cuntis. O día 12 de maio a vila servirá de punto de partida para a Raid Gallaecia Expedition Race, que rematará cinco días despois na praza do Obradoiro.

Ademais de punto de saída, Cuntis acollerá toda a loxística previa da competición, que atraerá a 23 equipos de 12 nacionalidades diferentes dende o día 10. Entre eles atópanse cinco equipos galegos, debutantes nunha proba de máximo nivel.

A proba é de alto nivel de esixencia. Os participantes percorrerán 550 quilómetros durante catro días, nun traxecto con etapas de trekking, bicicleta de montaña, kayak, barranquismo e orientación. Ademais, terán que ser autosuficientes, é dicir, portar en mochilas todo o material para completar o percorrido.

O percorrido manterase en secreto ata o arranque da competición, aínda que xa se sabe que percorrerán varios puntos do Salnés como Ribadumia, a Illa e Vilagarcía.

{flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/04/raid_gallaecia_cuntis.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/04/raid_gallaecia_cuntis.mp4{/flowplayer}