O PSOE vilagarcián despide a Rodríguez Cuervo nomeándoo militante de honra

    VILAGARCÍA> En Vilagarcía, os socialistas despediron por todo o alto a un dos seus militantes máis destacados. Aproveitando o xantar anual que organiza a formación para conmemorar o 1 de maio, Manuel Rodríguez Cuervo foi nomeado militante de honra. Unha distinción que coincide coa súa despedida da política tras 24 anos como concelleiro.

     

    O 1 de maio reuniu o pasado e o presente do Partido Socialista de Vilagarcía. Este ano, a formación converteu a tradicional comida para conmemorar o Día do Traballo nunha data especial. E é que aproveitaron o encontro para despedir a Manuel Rodríguez Cuervo, un veterano que deixa a política.

    Rodríguez Cuervo recibiu dos seus compañeiros de partido a distinción de militante de honra, despois de cumprir 24 anos como concelleiro baixo as siglas socialistas. Entre os asistentes, moitas caras coñecidas. Entre elas, os exalcaldes vilagarciáns Javier Gago e Dolores García.

    Tampouco faltou Alberto Varela, alcaldable socialista con quen agardan recuperar o mandato de Ravella.

    Todos se reuniron para acompañar a Rodríguez Cuervo no arranque deste novo camiño afastado da política, despois de 24 anos dedicado á xestión de Vilagarcía.

     

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/04/comida_psoe.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2015/05maio/04/comida_psoe.mp4{/flowplayer}