VALGA> O Belén de Valga xa está aberto. Este ano, incorpóranse ao nacemento personaxes como os Mozos de Arousa, Rubiales e a selección feminina de fútbol, ou Puigdemont. O nacemento, que celebra o seu 29 aniversario, poderá visitarse ata mediados de xaneiro.
En Valga o Nadal arranca cando abren as portas do seu Belén. O nacemento xa se pode visitar. Este ano, como sempre a organizción está ao fío da actualidade. Entre as novidades deste Nadal: os Mozos de Arousa, Rubiales e a selección feminina de fútbol, ou Puigdemont. Personaxes do momento que conviven en harmonía coa tradición deste nacemento. Detrás del, o traballo e o tempo de moitas persoas.
Na inauguración, o alcalde lembrou como xurdiu hai case trinta anos este Belén, pasando dunha pequena montaxe dentro da Casa do Concello ao que é hoxe. Bello Maneiro destacou tamén do Belén o interese que esperta en toda Galicia, traendo cada ano ata aquí a milleiros de visitantes.
O director de Turismo de Galicia destacou que este é un dos Beléns máis importantes de Galicia e que contará co apoio da Xunta para ser declarado de interese turístico nacional.
O Belén de Valga poderase visitar ata o 14 de xaneiro.










