30 nenos e nenas gozan do campamento de verán de Valga grazas ao voluntariado

VALGA> 30 nenos e nenas de Valga gozan estes días grazas á escola de verán organizada polo concello. As actividades están dirixidas por un grupo de voluntarios a través do programa de voluntariado xuvenil da Xunta de Galicia. A iniciativa ten como obxectivo promover a participación cidadá voluntaria e axudar á conciliación familiar do municipio.

As vacacións de verán dos nenas e nenos poden ser un problemas para moitos país. Para axudar á conciliación o concello de Valga puxo en marcha a escola de verán. A iniciativa está dirixida por 8 voluntarios que participan grazas ao programa de voluntariado da xunta de Galicia. O obxectivo é promover a participación cidadá voluntaria e axudar aos pais e nais de Valga.

A escola realizase este ano tras suspenderse o verán pasado. Nesta edición, os voluntarios son todos de Valga. Levan a cabo numerosas activades tanto deportivas como culturais.

A xunta de Galicia colabora con estes voluntariados. A directora xeral de xuventude visitou as instalacións do colexio de Baño – Xanza onde realizan as actividades da escola de verán e agasallou aos voluntarios.

A escola de verán terá unha duración de catro semanas. En cada quincena participan 30 nenos e nenas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí