RIBEIRA> O Bloque Nacionalista Galego de Ribeira acaba de botar a andar o seu servizo de whatsapp e telegram, co obxectivo de facilitar unha interacción bidirecional entre a agrupación e a veciñanza ribeirense.
A creación das aplicacións de Whatsapp e Telegram por parte do BNG ribeirense permitirá á xente achegar calquera proposta de traballo ao partido, así como queixas ou suxestións sobre o que consideren oportuno. Desde o Bloque aseguran que a resposta por parte da agrupación está garantida. O número de teléfono co que poden comunicarse, a través de whatsapp ou Telegram, co Bloque de Ribeira, é o 617 880 679.