NOIA> A empresa local Maxnautics presentaba no peirao de Testal unha embarcación autónoma que podería axudar ós equipos de salvamento no rescate de persoas en zonas rochosas e de difícil acceso.
Á espera de poder comercializalo, esta mañá fixeron unha demostración do seu funcionamento, na que tomaron parte tamén responsables do Servizo de Gardacostas da consellería do Mar.
A empresa noiesa Maxnautics leva máis de tres anos traballando neste proxecto presentado esta mañá no peirao de Testal. Trátase dunha embarcación de pequeno porte que podería empregarse no rescate de persoas naquelas zonas de difícil acceso no mar, ou mesmo na vixilancia en praias.
Totalmente equipada, con ampla autonomía, a embarcación ten ademais un sinxelo manexo.
Á espera de poder ser comercializada, esta mañá facían unha demostración, coa simulación dun rescate no mar. Nela tomaron parte, ademais de autoridades locais, e varios patróns maiores da zona, responsables do Servizo de Gardacostas da consellería do Mar, entre eles o seu responsable, Lino Sexto.
Dende o Concello destacaron a iniciativa destes emprendedores locais. Para o alcalde, Santiago Freire, trátase de algo novidoso, e cun amplo abano de posibilidades.