Sae a licitación o arranxo do parque infantil de Bretal

    RIBEIRA> O concello licitará a adecuación do parque infantil de Bretal por un investimento de corenta e catro mil euros financiados pola Deputación Provincial da Coruña no marco do Plan de Obras e Servizos. As empresas interesadas en concorrer a este concurso poden facer chegar as súas ofertas durante un prazo de oito días naturais contados ao da publicación doanuncio na web municipal. Para isto, deberan presentar as súas propostas en sobre pechado no Rexistro Xeral do Concello. O prazo de execución desta actuación é dun mes. O de Bretal é un dos 46 parques infantís existentes no municipio riveirense. Está composto dun columpio de dous asentos, outro dun asento, un equipo de rotación, dous muelles e dous balancíns, situados todos eles sobre céspede. As obras que se van realizar teñen por obxecto adaptar este parque á normativa europea vixente en relación a este tipo de áreas de xogo. Neste senso, instalarase unha superficie amortiguadora de pavimento de caucho continuo sobre unha soleira de formigón e colocarase un panel informativo. Ademais, procederase á retirada dos xogos existentes, xa que se atopan bastante deteriorados, e a súa substitución por un equipo combinado multixogos que estea formado alomenos por un tobogán aberto sinxelo, un tobogán aberto dobre e un tobogán aberto triple, tubos trepadores e un columpio dobre.