Velo ratifica ante o notario o compromiso de non cobrar soldo se sae elixido alcalde

    BOIRO> Irrompe con forza nesta campaña o veterano Manuel Velo, que volve á primeira liña política novamente coma candidato de Iniciativa Cidadá de Boiro. O exrexedor boirense anunciou o seu compromiso, mesmo presentado ante notario, de que se sae elixido alcalde o próximo 24 de maio, non cobrará soldo algún. Nin el nin ningún membro do seu partido, a excepción das asistencias a plenos e comisións, que en ningún caso superarían dos 250 mil euros en catro anos. Ademais asegurou que o seu goberno non terá dedicacións exclusivas, en clara alusión ó actual goberno municipal, ós que aproveita para criticar polo elevado dos seus salarios durante a presente lexislatura.

    DEIXAR UNHA RESPOSTA

    Por favor, engade un comentario!
    Por favor, engade o teu nome aquí