As escolas deportivas de verán de Ribeira ofertan preto de 600 prazas en 11 modalidades

RIBEIRA> O próximo luns abrirá o prazo de inscrición nas escolas deportivas de verán de Ribeira. Nesta edición ofertaranse preto de 600 prazas en 11 disciplinas, incluídas as actividades náuticas.

O concello de Ribeira presenta unha nova edición das escolas deportivas de verán. A ampla oferta, con preto de 600 prazas, inclúe once modalidades distintas nas que ademais das disciplinas habituais figuran as actividades náuticas.

Os interesados en participar deberán formalizar as inscricións a partir do próximo luns tanto no rexistro do concello como na sede electrónica.

As clases impartiranse do 1 de xullo ó 28 de agosto nas distintas quendas e horarios ofertados. Os interesados en obter máis información xa poden consultala na web municipal ribeira.gal ou na oficina de deportes situada no complexo deportivo da Fieteira.