BOIRO> Por terceiro ano consecutivo a Cruz Vermella de Boiro celebrará este vindeiro domingo 25 de maio a súa Andaina Solidaria Camiño do Ouro.
A actividade dividirase en dous percorridos, un longo de nove quilómetros e outro máis curto de cinco, partindo as dúas da praza de Galicia ás dez e media da mañá.
Todo o recadado será destinado ós proxectos sociais que desenvolve a asemblea local da entidade ó longo de todo o ano.
Dende o Concello, que colabora coa iniciativa, destacaron o importante traballo que realiza Cruz Vermella no ámbito social no municipio, animando a participar nesta andaina solidaria
As inscricións xa están abertas, podéndose realizar a través da web ou de xeito presencial na propia sede da entidade, no centro social.
Dende a organización agardan unha alta participación ese día.











