CAMBADOS > O auditorio da Xuventude de Cambados foi o escenario da clausura do quinto obradoiro de emprego do concello de Cambados. Máis de sesenta alumnos pasaron pola Escola Obradoiro para formarse integramente nos módulos de carpintería, construcción, fontanería e xardinería co fin de conseguir a plena inserción laboral dos desempregados máis desfavorecidos.
A constante formación ocupacional comeza en Cambados no ano 1987, dende aquel entón pasaron xa cinco promocións pola escola obradoiro a Xuventude. Este quinto curso rematou esta mañá coa entrega de diplomas os máis de 60 alumnos que formaron parte deste proxecto. As catro especialidades: carpintería, construcción, electricidade e xardinería mesturaron formación persoal e profesional. Os traballos destes alumnos poden verse na rehabilitación da escola unitaria de Corvillón, no acondicionamento do monte da Pastora, na adecuación do centro social Couto de Arriba, na Iluminación de Monumentos públicos ou na iluminación do lavadoiro de Santo Tomé.
No Auditorio da Xuventude entregábanse os diplomas acreditativos con tristeza por parte de profesores e alumnos. A etapa da formación e a especialización xa está rematada agora deben enfrontarse a vida laboral, no ámbito público, ou no privado. Con este paso rematará o obxectivo principal desta escola obradoiro: insertar na Sociedade os desempregados máis desfavorecidos.
Redacción Salnés