Portos autoriza a instalación das festas de Ribeira na mesma zona que en anos anteriores

RIBEIRA> As atraccións das festas de Ribeira instalaranse no mesmo sitio que en anos anteriores. O concello de Ribeira chegou a acordo con Portos para autorizar de xeito excepcional a celebración dos festexos en zonas restrinxidas nas que actualmente non se están a desenvolver actividades portuarias.

Tras numerosas xuntanzas e conversas entre técnicos do concello de Ribeira e de Portos de Galicia, as dúas administracións chegaron finalmente a un acordo que permitirá instalar as atraccións das festas de Ribeira no recheo portuario, ó igual que se veu facendo nos últimos anos. Trátase dunha autorización excepcional dada a falta de tempo para buscar unha alternativo e motivada tamén porque naquelas zonas restrinxidas non se están a desenvolver actualmente os usos portuarios ós que están destinadas.

A autorización de Portos permitirá respirar tranquilas a unhas 200 familias de feirantes que dado o tamaño e as características das súas atraccións vían imposible instalarse noutra zona. Tras esta boa nova, dende o concello traballan xa no deseño dunha alternativa de cara ó próximo ano que permita compatibilizar os festexos cos usos portuarios, evitando aquelas zonas restrinxidas por mor da seguridade.